Videoteca

¿Ten futuro o noso rural? Preguntoiros do Mercado da Colleita

¿Ten futuro o medio rural en Galicia? ¿Cales son as súas posibilidades? Preguntámoslle a diferentes persoas que viven no rural para que sexan eles, os que mellor coñecen as súas necesidades, os que nos conten como podemos impulsalo ao tempo que podemos atopar un novo medio de vida.

O Mercado da Colleita é unha iniciativa de compromiso social compartida pola Corporación Hijos de Rivera, R e Gadis. O seu principal obxectivo é fomentar o desenvolvemento socioeconómico sostíbel de Galicia e o seu medio rural. Para iso, leva a cabo diferentes iniciativas de divulgación e promoción, como é o caso dos Parladoiros, que xa celebraron a súa segunda edición, ou o pop-up store que tivo lugar este verán na cidade da Coruña.