#parladoiros

Xan e David, o Porco Celta e a Galiña de Mos - Parladoiros 2017

/ Categoría : Parladoiros 2017 / tags : #parladoiros #Parladoiros 2017

Organizamos unha "xuntanza celta" entre Xan e David, dous emprendedores que buscan recuperar a autenticidade do noso


Nesta nova conversa dos Parladoiros do Mercado da Colleita, organizamos unha "xuntanza celta" entre David, fundador da granxa Galo Celta, e Xan, propietario da Horta de Teodoro, adicadas á crianza de galiña de Mos e Porco Celta, respectivamente.


Ambos compartiron algunhas das suas experiencias como gandeiros que procuran o máximo coidado dos animais como garantía para a calidade do produto final e da alimentación humana. Experiencias que, en ocasións, se tornan dificultades tanto pola parte da competitividade da explotación como por parte de consumidores que, ben porque perderon o gusto pola alimentación auténtica, ou ben porque non están dispostos a pagar máis polo que consideran o mesmo produto, decantanse en moitas ocasións por outras alternativas