#parladoiros

Marcos Vázquez, do museo 'Casa de Vázquez' - Parladoiros 2017

Neste Parladoiro, Marcos Vázquez fálanos sobre as curiosidades da maquinaria agrícola e a súa historia


Este novo Parladoiro do Mercado da Colleita ven cheo de curiosidades relacionadas coa historia da maquinaria agraria.

Marcos Vázquez, fundador do Museo Integrado de Maquinaria Agrícola Clásica "Casa de Vázquez" fálanos sobre o agarimo que dende ben pequeno ten a estas máquinas, consideradas actualmente case coma reliquias.  

A colección de maquinaria agrícola clásica, coñecida como “Museo Integrado de Maquinaria Agrícola Clásica”, e un proxecto cuxa finalidade non é outra ca “aumentar a autoestima do traballador do rural” mediante a posta en valor do patrimonio arqueolóxico-industrial agrario, que, por algún motivo, provoca á revisión do pasado para construír un futuro máis ilusionante.

A colección está integrada nunha casa de labranza, cuxa produción se orienta, ademais de ao autoconsumo, á gandería de carne ecolóxica de primeira calidade (terneira galega suprema), e tamén, á produción de mazá ecolóxica con enfoque sidreiro.